Cargando Eventos

Presentación do libro ‘A pintura manierista en Sober’

Protagonista: Asociación Veciñal Proencia

O venres 25 de xuño, Sober dirixirá a ollada cara ao seu patrimonio pictórico. A presentación do novo libro de Xosé Lois García ‘A pintura manierista en Sober’ fará un percorrido polos templos e outras edificacións da zona que gardan trazas deste movemento artístico. Será nun acto no que tamén participará o fotógrafo Fran Rodríguez Luaña, autor das imaxes que ilustran esta publicación. Na mesa tamñén estarán presentes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e Paula Vázquez Verao, así como  Alfonso Blanco Torrado. A asociación veciñal Proencia facilita este encontro que comezará ás 20.00h. na Casa da Cultura de Sober.

 

25 Xuño, 2021

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map