Rally Ourense Termal
Protagonista:
Escudería Ourense
As estradas da Ribeira Sacra son esta fin de semana novamente protagonistas da velocidade e obxecto de paixón dos/as amantes dos rallyes co memorial Estalnislao Reverte. A carreira automobilística percorrerá concellos como Toén, Carballiño e Amoeiro e na Ribeira Sacra será especial o tramo da Peroxa, concello que tamén achega corredores/as á cita deportiva, que na mañá deste sábado estará especialmente atento ao son dos motores.