Cargando Eventos

Recollida de xoguetes e concerto dos Gin Toni’s

Protagonista: Concello de Monforte

O vindeiro domingo 16 de decembro a Explanada da Compañía monfortina acollerá un evento solidario que pon foco nas crianzas de familias con menos recursos. Con este evento o Concello busca apelar á sensibilidade e solidariedade da cidadanía nun momento do ano que evidencia especialmente as desigualdades sociais: o Nadal. A recollida de xoguetes novos e preferiblemente educativos -cun chamamento a non incluír os sexistas e os bélicos- celebrarase nun marco moi atraente. Nunha carpa habilitada para a ocasión haberá atraccións infantís de balde e animación especial, ademais dun concerto solidario dos Gin Toni’s, banda especializada na versión de clásicos do rock estatal. Xa sabes, se queres pasar unha boa tarde con crianzas e contribuír a que ningunha quede sen regalo este Nadal esta é moi boa opción de domingo, porque ademais soará parte da banda sonora da túa vida.

 

Programa:

_16:30h: Atraccións para crianzas

_17h ata as 18h: Animación infantil

_18h Concerto do grupo Gin Toni’s

16 Decembro, 2018

4:30 p.m. - 8:00 p.m.

Monforte de Lemos

Praza Campo da Compañía
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map