Cargando Eventos

Regresa o Música na Rúa e muda de escenario

Protagonista: Sala Avenida

O festival Música na Rúa cambia este ano a rúa por un escenario máis campestre. Da vila de Escairón á localidade de Fión, nunha finca con prado e arboreda, apenas a 3 quilómetros de distancia da súa praza orixinal, a Sala Avenida.

O festi multiestilístico que reúne a formacións e artistas do máis variado  e escollido da escena alternativa española e máis local comeza xa: do 30 de xullo ao 3 de agosto. Zona de acampada nas proximidades e concertos para escoller con formacións como La Plata, Biznaga, Solar Corona, Meneo. Fábrica de Espejos, DJs locais como Skairon Johannson ou Fedeosquiere e do panorama galego e estatal conflúen nunha cita consolidada na Ribeira Sacra que atrae un ambiente diverso ao verán cultural da Ribeira Sacra e que naceu como un complemento para as festas locais de Escairón.

Seguen á venda os abonos para os 5 días.

Toda a programación en: https://www.facebook.com/musicanaruafest

E IG salaavenida.escairon

 

Foto: Fiestra Rosada Comunicación

 

30 Xullo, 2021 - 3 Agosto, 2021

O Saviñao

Fión
O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map