Cargando Eventos

Revivir o traballo nas antigas telleiras de Pantón

Protagonista: Segredos de Pantón

O colectivo Segredos de Pantón continúa coa súa programación Cultiva Cultura para este verán e o vindeiro 16 de agosto, o último telleiro do Rosal José Álvarez Alonso “O Buraco” estará en Pantón para amosar como se elaboraban antes as tellas e ladrillos na tradición telleira da zona. Fará ademais de guía nas encantadoras ruinas da telleira de Baliño. Esta actividade dará comezo ás 10:00 da mañá na explanada da Telleira do Baliño, no Castro de Ferreira.

Existen 35 prazas dispoñibles previa inscrición, que deberá facerse a través de:

Teléfono 662 669 223 ( Lucas Vázquez)/ correo electrónico segredosdepanton@gmail.com

Redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter

 

12 Agosto, 2020

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Pantón

O Castro de Ferreira
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map