Cargando Eventos

Romaría do San Lucas

Protagonista: Comisión de festas

O día do San Lucas, o 18 de outono, é festivo local en Chantada e neste día celébrase na parroquia de Mato unha das romarías que máis mobiliza á veciñanza local, atraendo tamén a moitas persoas lindeiras por ser a primeira festa despois do verán. Ao Castro de San Amaro achéganse persoas con motivacións diversas, ben sexa relixiosas -San Lucas é o patrón dos e das médicas e é tradición pasar o santo por gorxa, oídos e nariz para evitar doenzas nesas partes- ou lúdicas, xa que é nesta data onde tradicionalmente se da proba do viño novo coa familia e as amizades. As persoas que se acheguen sexa cal sexa a súa idade poderán gozar de música con sesión vermú e nocturna, gastronomía do país, en especial polbo e carne ó caldeiro, e actos relixiosos entre os que destacan a súa procesión.

18 Outubro, 2018 - 19 Outubro, 2018

Chantada

Ermida de San Lucas, chantada
Chantada, Lugo 20512 Spain
+ Google Map