Cargando Eventos

Romaría do San Vitoiro

A Romaría do San Vitoiro celébrase os días 27 e 28 de agosto na parroquia de Saa, na Pobra do Brollón. Ten lugar no contorno da capela do mesmo nome, xunto ao río Lebrón e a carón dun destacado miradoiro. Haberá unha variada programación de música para animar o encontro que transcorre con xantares populares entre amigos e familia.  O martes 27, tras a misa e procesión ás 13:30h comeza a sesión vermú musicada polo grupo de gaitas Samparasón. A festa continúa todo o día ata a madrugada. Pola tarde segue a animación musical con Samparasón, e a partir das 19:30 h comeza a verbena coa orquestra Galilea e as charangas Europa e Era Visto. Na madrugada sesión de disco móbil e cumbia de Os Costaleros do Día Anterior. 

O mércores 28, repítese o mesmo esquema, pero con grupo de gaitas. A partir das 20:00h. haberá verbena coa Charanga Nova Terras de Trives, seguido de pancetada popular a partir das 21:3h.0, e novamente a charanga rematará a festa. 

27 Agosto, 2019 - 28 Agosto, 2019

Pobra do Brollón

Saa
A Pobra do Brollón, Lugo Spain
+ Google Map