Cargando Eventos

Sacra Cinema, un taller audiovisual a carón do Miño

Protagonista: Sacra Festival

Un taller de creación audiovisual para nenas e nenos é a actividade inminente do Sacra Festival. Será impartido pola documentalista cubana Alejandra Aguirre e desenvolverase na Ribeira Sacra, a carón do río Miño. En concreto está dirixido a rapazada que teña entre 8 e 15 anos de idade e aínda quedan algunhas prazas vacantes. Transcorrerá durante 4 fins de semana nos meses de marzo, abril, maio e xuño e o alumnado creará un formato audiovisual de principio a fin, ao tempo que terá contacto directo coa natureza, poderá practicar deportes e tamén terá estancia e manutención durante as fins de semana nas que se desenvolve a actividade.

Para reservar praza ou obter información máis detallada poden facelo a través do teléfono 663 301 765 e o correo electrónico experimentadanza@yahoo.es

 

13 Marzo, 2020 - 5 Xuño, 2020

Chantada

Pincelo
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map