Cargando Eventos

Santa Icía coa Banda Infantil

Protagonista: Banda de Música de Chantada

Unha terra de músicos como é Chantada non podía deixar de festexar a data da súa patroa, Santa Icía. E precisamente a institución máis antiga en activo no municipio, a Banda de Música, será a encargada de conmemorar un ano máis esta data con actividades para os/seus integrantes, pero tamén para o público.

Faráo o sábado 24 de novembro no auditorio municipal de Chantada cun concerto da Banda Infantil da Casa da Música e outro da propia Banda de Música de Chantada. Será aberto e de balde e está previsto para as 19.00 h.

No repertorio variedade e intensidade con moitos clásicos e pezas modernas. Escoitaremos ao futuro da música a través de composicións ben coñecidas con arranxos do músico chantadino Luis Miguel Crespo no caso da formación infantil.

Programa de man Sta Icía Chantada

 

24 Novembro, 2018

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map