Cargando Eventos

Semana da Memoria Histórica- Repil

Do 19 ao 25 de abril unha programación diaria conmemora a batalla de Repil, un duro enfrontamento armado que tivo lugar neste lugar do municipio de Monforte de Lemos entre gardas civís e guerrilleiros da resistencia antifranquista e que se saldou con varias mortes en 1949 . A Semana da Memoria Histórica inclúe charlas, fundamentalmente no lugar de Repil . Versarán e xerarán coloquios arredor da arqueoloxía das casas labregas, das guerrillas e tamén terán lugar presentacións de libros, visitas guiadas e rutas tanto por o lugar da chamada batalla de Repil, da que se cumpren 72 anos, como por recunchos para a memoria histórica na Pobra do Brollón.

O Instituto de História Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa, O Incipit, o Concello da Pobra do Brollón e a asociación veciñal Terras de María Castaña únense e colaboran neste evento cultural e de investigación histórica.

 

19 Abril, 2021 - 25 Abril, 2021

Monforte de Lemos

Chavaga
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map