Cargando Eventos

Sombras chinesas, maxia e contos na biblioteca

Este  venres, 12 de setembro, de 12.00h a 13.00h. a Biblioteca Municipal de Chantada ofrece unha actividade de sombras chinesas, maxia, contos e fábulas da man de Ian&Elisa Alfaya. Esta actividade está organizada principalmente para o persoal que asiste ao club de lectura pero tamén está aberta a todo o público adulto que estea interesado. A función está organizada pola  Biblioteca Municipal dentro do programa ‘Ler conta moito’ da Consellería de Cultura e o Concello de Chantada.

13 Setembro, 2019

12:00 p.m. - 1:00 p.m.

Chantada

Praza do Mercado s/n
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map