Cargando Eventos

Taller de gobernanza cooperativa dos montes veciñais

Protagonista: AGACA

O lugar de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, acollerá un obradoiro sobre gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca. É un obradoiro de balde orientado a persoas interesadas en extraer maior rendemento e mellorar a xestión das Comunidades de Montes.

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural: Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo.  A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Pode descargar o programa completo en formato PDF.

Para máis información e inscricións:

https://agaca.coop/…/de-24-ao-28-de-maio-obradoiro…/

 

24 Maio, 2021 - 28 Maio, 2021

Pobra do Brollón

Parada dos Montes
A Pobra do Brollón, Lugo Spain
+ Google Map