Cargando Eventos

Teatro afeccionado ‘A farsa do Bululú’

A programación de teatro afeccionado é un dos piares da actividade cultural de outono en Chantada. O día 10 de novembro o Auditorio Municipal da vila será o escenario de ‘A farsa do Bululú’, interpretada polo Grupo de Teatro da Biblioteca Antas Antas Ulla. Esta peza teatral de Manuel María foi escrita durante o 1969-70, en plena Ditadura Franquista. Enmarcada dentro do campo da sátira é un referente moi popular da dramaturxia galego-portuguesa e un chamamento ao antimilitarismo e contra as ditauras. O evento terá lugar ás 20h e enmárcase dentro do ciclo de teatro afeccionado ‘Buxiganga’ da Deputación de Lugo.

10 Novembro, 2018

8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map