Cargando Eventos

Terra Nai, a escultura de Eduardo Rodríguez Osorio

Protagonista: Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Exposición de Escultura “Terra Nai” do artista Eduardo Rodríguez Osorio preséntase este venres, 1 de abril na Ribeira Sacra. A apertura será ás 19.30h. no Centro do Viño de Monforte de Lemos e permanecerá deica o 6 de xuño, en horario de 10 a 14 y de 16.30 a 20.30 h. de luns a domingo.

Trátase dunha escolma de esculturas de toda  a súa época creativa, caracterizada por un traballo constante e de perfeccionamento dentro do seu sentir pola arte. El mesmo definíase como “un fuerte tirón gallego” e así o reflicten boa parte das súas pezas, nas que o cotiá galego e o mundo rural foron fontes principais de inspiración.

Máis de 200 retratos de personaxes públicos e ilustres presentes en museos e organismos nacionais, así como monumentos enclavados en diferentes cidades poboacións do territorio español integran a súa traxectoria artística.

En palabras de Antonio Bonet Correa,”Eduardo Rodríguez Osorio, artista dual, capaz de pasar de la Galicia legendaria a la real, según el tema, ha dejado una obra que es un fehaciente testimonio de una época y de un país, hoy en trance de profunda transformación...” Con esta Exposición preténdese amosa ao público a herdanza cultural dunha época da Galicia Rural, segundo sinalou Emilia Osorio, filla e salvagarda do seu importante legado e residente na Ribeira Sacra.

O Museo Provincial de Lugo e Roberto Resino, historiador de Arte, impulsan xunto á familia e outras colaboradoras esta exposición imprescindible.

1 Abril, 2022 - 6 Xuño, 2022

Monforte de Lemos

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map