Cargando Eventos

Torneo de Volei Praia

Protagonista: Concello de Pantón
En Pantón reeditan nos vindeiros días o torneo de volei-praia de verán na pista municipal acondicionada para a practica desta disciplina.
Do 26 ao 28 de xullo na pista de voleipraia da piscina municipal terán lugar os partidos en distintas categorías sub 12 e sub 18 e mixto. O 21 de xullo rematan as inscricións que deben realizarse na Casa da Cultura.
É a segunda edición deste encontro que na pasada tempada acadou un gran éxito de participación, tanto de deportistas como de público que gozaron das instalacións do contorno recreativo.

26 Xullo, 2023 - 28 Xullo, 2023

Pantón

O Castro de Ferreira
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map