Cargando Eventos

Trece Roeis Fest

Protagonista: Trece Roeis Fest

O Festival Trece Roeis ten listo un cartel cunhas vinte bandas que actuarán de balde en Ferreira, concello de Pantón, os días 19 y 20 deste mes de agosto. O Festival nacía en 2019 collendo nalgún senso o relevo, do que foi o Festival do Castro e porá a Ribeira Sacra un ano máis a Ribeira Sacra no panorama festivaleiro con bandas de referencia no panorama rock, punk no ámbito español e multitude de estilos na música galega. Bandas como Boikot ou El Drogas, vocalista de Barricada, estarán esa fin de semana no campo de fútbol Monte Baliño. Haberá acampada, músicas polas rúas e propostas culturais, gastronómicas e vitivinícolas paralelas. A Banda da Loba, Heredeiros da Crus ou Guezos integran o cartel xunto con formacións locais como Searas ou DJs da zona. O aforo é limitado e é preciso reservar ou facerse coa pulseira para acceder aos recintos acotados, devolverase o importe da pulseira ao remate do evento.

Toda a programación e xeito de realizar as reservas está dispoñible xa na web https://treceroeisfest.com

.