Cargando Eventos

Trinta anos de Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

Protagonista: Centro Teatral Faro Miño

Chantada non quedará sen a súa clásica Mostra de Teatro Popular, que xa ten novas datas. As condicións meteorolóxicas non permitiron que se celebrara do 18 ao 21 de agosto, tal e como fora anunciado, pero si se vai facer do 15 ao 18 de setemebro. A entrada será de balde haberá función no escenario da Praza do Cantón ás 21.00h. e de balde.

O centro teatral Faro Miño impulsa esta cita ineludible do Verán Cultural de Chantada e que acada xa a súa 30ª edición. Estarán presentes DarTrela Teatro do Carballiño cun espectáculo diferente baixo o título de ‘Risoteatra’; Pico do Castro, de Foz, achegará a obra ‘O Terapeuta’; Metatase Teatro de Palas de Rey interpretará a montaxe ‘Detrás das Máscaras’. Para pechar a mosta, o anfitrión, o centro teatral Faro Miño estreará a súa obra Instinto Cómico e a continuación, o público poderá gozar da exhibición de bailes atuais da agrupación Swaggers.

 

15 Setembro, 2020 - 18 Setembro, 2020

9:00 p.m. a 10:00 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map