Cargando Eventos

Patrimonio e turismo inclusivo

A Casa da Cultura do Concello de Pantón acollerá en dúas fins de semana unas ‘Xornadas formativas sobre patrimonio e turismo inclusivo na Ribeira Sacra’. Levaranse a cabo os días 23 e 24 de novembro e 18 e 19 de xaneiro.

O obxectivo principal será ofrecer un achegamento ás distintas áreas implicadas no turismo inclusivo. Despois das charlas haberá achegamentos ao territorio para analizar casos concretos.

O prezo das xornadas completas é de 95 euros e inclúe desprazamentos ás visitas, café nas pausas, degustación de viño nunha adega e paseo fluvial.

Descarga do formulario de inscrición: https://www.facebook.com/events/2149370292023237/

Máis información en turismoinclusivonaribeirasacra@gmail.com

23 Novembro, 2019

12:00 a.m.

Pantón

Praza do Concello
Ferreira de Pantón, Lugo 27430
+ Google Map