Cargando Eventos

Xadrez en memoria do gran mestre Dragan Paunovic

Protagonista: Círculo Chantadino de Xadrez

Chantada segue a apostar polo deporte do xadrez cunha gran escola e tamén con referentes para a boa saúde da que goza esta actividade no municipio. Para celebralo e render homenaxe a un gran mestre, xa desaparecido, e que viviu os seus últimos anos dedicado ao xadrez no municipio, o Círculo Chantadino de Xadrez organiza a segunda edición do Memorial Dragan Paunovic. Será cun gran torneo con múltiples premios que terá lugar o 8 de decembro no edificio multiusos de Chantada.Todas/os xadrecistas que desexen participar xa poden inscribirse en: cabo.d.mundo@gmail.com

 

Chantada

Praza de Galicia, 1T
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map