Cargando Eventos

Xadrez no Pazo de Tor

Protagonista: Rede Museística da Deputación de Lugo

A Rede Museística Provincial de Lugo xunto co Terceiro Sector teñen organizado no Museo Pazo de Tor para este 27 de xullo a celebración dun torneo de Xadrez en colaboración coa Asociación Galega de Xadrecistas. Serán preto de 30 participantes de todas as idades e categorías. O obxectivo desta cita é facer uniñon e difundir o patrimonio moble cunha pequena exposición das mesiñas de xadrez antigas coas que conta Tor, nesta parroquia de Monforte de Lemos. Podemos imaxinar como durante a historia do pazo este deporte formou parte do xogo e dos pasatempos das familias da aristocracia, tal e como lembran os responsables do museo.

Monforte de Lemos

San Xoán de Tor s/n
San Xoán de Tor, Monforte de Lemos, Lugo 27591 Spain
+ Google Map