Cargando Eventos

Xornada de cogomelos

Protagonista: Asociación Micolóxica Pingadouro

Obter máis información sobre as setas, a súa diferenciación e o seu consumo é unha acción cada vez máis accesible dadas as numerosas propostas que por estas datas se espallan pola Ribeira Sacra. O Concello de Sober colabora coa Asociación Micolóxica Pingadouro na celebración da súa Xornada Micolóxica que se desenvolverá o 9 de novembro neste municipio. O programa da xornada, que dirixen Enrique Vera Arconada e Ramón Losada da Asociación Micolóxica de Madrid, inclúe unha charla-coloquio, unha saída ao campo e a identificación e degustación de cogomelos.

Ás 10:00 h. sairase ao monte e ás 17:00 h. levarase a cabo unha identificación dos fungos máis frecuentes no Centro Sociocultural a través da montaxe conxunta dunha exposición cos exemplares. Xa ás 19:00 h. impartirase unha charla-coloquio e ás 20:30 h. o remate farase do mellor xeito posible: cunha degustación de cogomelos.

9 Novembro, 2018

10:00 a.m. - 9:30 p.m.

Sober

Praza do Concello, s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map