Cargando Eventos

Xornada de deporte infantil no rural

Protagonista: Vicepresidencia Deputación de Lugo
O pavillón do CEIP Xoan Requeixo de Chantada acollerá este sábado, 22 de outubro, unha xornada polideportiva organizada pola Federación de Anpas (FAPACEL)  coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Trátase dunha actividade incluída no programa “Somos deporte, somos rural”,  que pretende paliar as desigualdades que existen entre o rural e o urbano no que se refire ao acceso ás actividades extraescolares.
Durante a mañá, as instalacións do centro acollerán demostracións de disciplinas como o béisbol, a billarda, o pentatlon, o hockey, o voleibol, o balonmán, o xadrez, o judo ou o atletismo. O recintos deportivo dividiranse en diferentes zonas nas que monitores e especialistas nas distintas disciplinas explicarán as nocións básicas para a práctica de cada deporte.
A xornada en Chantada segue ás celebradas nas últimas semanas no pavillón municipal de Bóveda, no CIP Virxe do Monte da Feira do Monte, en Cospeito, e no CEIP Castro de Ouro de Alfoz.

23 Outubro, 2021

11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map