Cargando Eventos

Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Protagonista: Concello de Pantón

Despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia da Covid, regresan as xornadas dedicadas ao patrimonio románico de Pantón. O mosteiro de San Salvador de Ferreira albergou a presentación da programación prevista para as vindeiras semanas.

Conferencias, música, literatura e deporte nutren unha axenda ateigada de propostas que deron comezo o 25 de maio e finalizarán o 26 de xuño.

O 29 de maio terá lugar o concerto de Solo Voces no mosteiro cisterciense das Bernardas ás 19.00h.

O 3 de xuño o salón de actos da casa da cultura de Ferreira será escenario para a primeira das conferencias sobre A Cultura escrita nos mosteiros da Ribeira Sacra entre os séculos XI e XIII. A charla será a cargo da especialista da USC Sandra Piñeiro Pedreira e terá lugar ás 20.00h.

O 10 de xuño ás 19.30 h. presentación do libro El Ciprés del monasterio del Divino Salvador de Ferreira a cargo do doutor en Bioloxía Carlos Rodríguez Dacal.

O 17 de xuño ás 20.00h. no salón de actos da casa da cultura de Ferreira terá lugar unha charla baixo o título Tomonimízate. Nela o filólogo Vicente Feijoo Ares falará sobre os nomes da nosa terra e como salvagardalos.

O 24 de xuño ás 20.00h. tamén na casa da cultura haberá unha conferencia arredor da presenza romana na Ribeira Sacra. O arqueólogo Javier Gómez Vila será o encargado de impartila.

Para pechar os actos, o 26 de xuño ás 19.00h. celebrarase a quinta edición do certame musical Sinfonía no Mosteiro coa actuación do cuarteto de cámara Provenza. Será no claustro do mosteiro do Divino Salvador, coñecido como o mosteiro das Bernardas.

 

Programa románico

25 Maio, 2022 - 25 Xuño, 2022

Pantón

Lugo
+ Google Map