A arte da tesoira chega á viña no tempo da poda

Sober
8 Febreiro 2019
Viño
Redacción | 8 de febreiro de 2019
A poda é unha das tarefas fundamentais  nos viñedos. Os viticutores afánanse esta tempada neste labor que é toda unha arte na Ribeira Sacra. Cada maestro ten o seu libriño e hai que darlle ben á tesoira antes do nacemento dos novos brotes de vida na cepa. Saber onde cortar é aprendizaxe e intuición e require recibir o que comunica a vide.

Xaneiro e tamén febreiro son tempada para estes traballos e nós parámonos desta volta nas pendentes que ollan cara o río Sil en Amandi. Compartiron un anaco connosco os traballadores da adega Regina Viarum en Doade. 

Concello