A asoc. de municipios do Camiño de Inverno artella unha estratexia común cara o Xacobeo 2021

Ribeira Sacra
23 Setembro 2019
Patrimonio
Redacción | 23 de setembro de 2019
Hai tempo que colectivos e particulares traballan dende o seu ámbito por poñer no mapa das rutas xacobeas ao Camiño de Inverno. Hai algo menos de tempo os municipios polos que atravesa esta ruta dende Ponferrada deica Compostela uníronse na 'Asociación de Municipios do Camiño de Inverno'. Estes días reuníronse na Ribeira Sacra, en Chantada, porque hai que poñerse mans á obra para o Xacobeo 2021: Delimitar os tramos, sinalizalos definitivamente e divulgar este ben patrimonial son parte das asignaturas pendentes para facer desta unha boa opción para os/as peregrinos/as.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra