'A barqueira do Miño': Cinema para coidar a terra 2020

Chantada
10 Novembro 2020
Patrimonio
Cultura
Redacción | 10 de novembro de 2020
O Cinema Palleiriso acolleu a terceira edición do ciclo Cine Para Coidar a Terra. En exclusiva e para compartir co mundo aquí vos deixamos 'A Barqueira', un vídeo musical estreado no fermoso encontro de cinema ecolóxico de Garabelos. Unha conexión entre a voz de Davide Salvado, a danza de Dani Pardo, a interpretación de Cristina Castro e o patrimonio fluvial. Unha idea de Anxo Moure e o Cineclub Os Papeiros coa Federación Galega de Cineclubes na que Canle Ribeira Sacra tivo a honra de participar. A cantiga é un tema popular galego adaptado e interpretado no medio do río polo músico Davide Salvado.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis