A ciencia máis festivaleira na Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón
19 Xullo 2021
Ciencia
Redacción | 19 de xullo de 2021
O II Festival Científico de Galicia desprazouse esta fin de semana á Ribeira Sacra. O colectivo DivulgAcción, que reúne a diversos especialistas e investigadores en distintas ciencias, ten o obxectivo de levar a cabo actividades para achegar a ciencia ao conxunto da cidadanía dun xeito didáctico e iso foi o que fixeron na Pobra do Brollón, en distintos espazos, os días 17 e 18 de xullo.
O II Festival Científico de Galicia celebrouse esta fin de semana na Ribeira Sacra. O colectivo DivulgAcción, que reúne diversos especialistas e investigadores en distintas ciencias, ten o obxectivo de espallar actividades para achegar a ciencia ao conxunto da cidadanía. Habitualmente dun xeito didáctico e orixinal, e iso foi o que fixeron na Pobra do Brollón, en distintos espazos, os días 17 e 18 de xullo.

Conferencias no casco vello da capital municipal con Castro Rivadulla, Luisa Martínez, Xurxo Mariño, Xurxo Ayán e José Arcas deron inicio ao encontro. Percorridos arqueolóxicos na procura do templo perdido en Cereixa con poesía arredor das árbores co escritor Claudio Rodríguez Fer e coñecemento de especies con Nieves Vidal foron parte das accións na parroquia de Cereixa. O Castro de San Lourenzo acolleu de novo a ciencia con motivo deste festiva, foi cun percorrido e visita guiada ás escavacións arqueolóxicas seguidos dunha foliada científica. O espectáculo Elemental do divulgador Manuel Vicente, o actor César Galdi e o pianista Juanjo Fernández precederon unha ollada cara ao ceo dos Lemavos para analizar posteriormente os astros co astrofísico Dosi Veiga.

Xa no domingo, a acolledora área recreativa de Samugueiros, na Pobra, abriu a mañá científica arredor da arqueoloxía no Camiño de Inverno. O vermú científico deulle continuidade con xogos para adestrar o olfato, seguirlle a pista ao CSIC, coñecer a Radio Científica cunha escoita-cata e achegarse de xeito directo á acidez, aos alimentos e á gastronomía molecular con ExpHerimentando. Unha cata de mexillóns ao vapor para achegarse, dende o interior, e doutra maneira, á fauna mariña completou o programa da mañá.

O peche de festa foi na parroquia de Viclachá de Salvadur cunha visita ao miradoiro da Capela e unha charla sobre a parte de mito e a ciencia e comunidade arredor da Ribeira Sacra a cargo de Xurxo Ayán. En tal lugar, o festival clausurouse con viño, safisfacción, aprendizaxe e uns petiscos nas antiquísimas adeguiñas.

Concello