A Galicia Baleirada, reflexións imprescindibles da Rede Revolta en Viana do Bolo

Ribeira Sacra
22 Outubro 2019
Desenvolvemento
Redacción | 22 de outubro de 2019
O despoboamento e o drama do rural foron o foco dun encontro de reflexións imprescindibles en Viana do Bolo. A Universidade pisou o territorio cunha nova acción da Rede Revolta, un xesto para pensar de verdade nos porqués do desordenamento do territorio; na última emigración que deixou a comunidade con 400.000 habitantes menos; na fenda entre os propósitos teóricos para devolver a vida ao rural en contraposición ao escaso esforzo inversor nestas políticas; na responsabilidade tanto endóxena coma da urbanidade para transformar modelos e reconstruír un rural sustentable, na procura da felicidade.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra