A mesa está posta para o 'Estase Cocendo'

Ribeira Sacra
11 Febreiro 2019
Economía
Turismo
Redacción| 11 de febreiro de 2019
Os hostaleiros da Ribeira Sacra luguesa agardan que a gastronomía mova ao público nestas datas de entroido. Por isto, a delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo arranca coa campaña Estase Cocendo. Presentárona o venres no Centro do Viño, en Monforte de Lemos, e desenvolverase nunha decena de concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga. Este ano, o compadre ou faciana coñecida que servirá para promocionar as xornadas do cocido de entroido na Ribeira Sacra é o actor Monti Castiñeiras, un amante confeso deste territorio.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra