A quenda dos viños de Pantón chega coa festa das Letras Galegas

Pantón
9 Maio 2019
Viño
Redacción | 9 de maio de 2019
Os viños da Ribeira Sacra de Pantón teñen o seu mellor escaparate nas propias ribeiras do Miño, do Sil e do Cabe, pero tamén no Castro de Ferreira. Neste recuncho comparecerán oito adegas que serán as protagonistas da vixésimo sexta Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón entre os días 17 e 19 de maio.  Festa da empanada, ambientación de música tradicional e charangas e concertos como o que traerá ás formacións La Fuga ou Señor Aliaga completan unha cita única que foi presentada na resucitada aldea da Míllara.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis