A Ribeira Sacra, candidata oficial a Reserva da Biosfera

Pantón
8 Agosto 2019
Patrimonio
Redacción | 8 de agosto de 2019
A Ribeira Sacra quere ser a sétima reserva da biosfera de Galicia. O territorio ten xa en marcha a súa candidatura oficial que foi presentada este 8 de agosto na Casa do Concello de Pantón. Son 23 municipios das provincias de Ourense e de Lugo que integran a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e do Courel. O documento que avala a candidatura da Ribeira Sacra farase público este venres no DOG abrindo por un mes o periodo de información pública.
A Ribeira Sacra quere ser a sétima reserva da biosfera de Galicia. O territorio ten xa en marcha a súa candidatura oficial que foi presentada este 8 de agosto na Casa do Concello de Pantón. 
Son 23 municipios das provincias de Ourense e de Lugo que integran a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e do Courel. É a UNESCO quen concede este recoñecemento  internacional, igual ca no caso da declaración de Patrimonio da Humanidade, tamén en proceso. Neste acto estiveron representantes dos concellos e tamén doutros organismos representativos nesta área. A conselleira do Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, apuntou que a de reserva da biosfera é unha figura para reforzar e completar a protección dos elementos máis senlleiros que conforman o patrimonio natural galego e axudar a fomentar o respecto polo medio ambiente.
As seis reservas da biosfera da nosa comunidade representan arredor do 25% do seu territorio. Coa incorporación da reserva da biosfera da Ribeira Sacra a extensión protexida en Galicias baixo esta figura chegaría ao 34% do territorio. O documento que avala a candidatura da Ribeira Sacra farase público este venres no DOG abrindo por un mes o periodo de información pública. O seguinte paso será remitir o documento, previsiblemente antes de que remate este ano, á Secretaría do Comité Español do Programa MAB (Home e Biosfera) da Unesco, co obxectivo de obter a súa declaración definitiva no ano 2021.  A zona aglutina en total a 18 concellos de Lugo (Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Incio, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada e Triacastela) e cinco da provincia de Ourense (Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Peroxa e A Teixeira). O  pasado mes  de  abril  as  Montañas  do  Courel  obtiñan   a declaración de Xeoparque, converténdose así no primeiro espazo natural con esta denominación en Galicia,


Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis