A Ribeira Sacra máis festivaleira no 17º

Ribeira Sacra
30 Xullo 2019
Turismo
Redacción | 30 de xullo de 2019
Nun verán do máis festivaleiro, a Ribeira Sacra non quedou sen o seu. Comezaba a tempada cun festival de artes e de integración na paisaxe como foi o Sacra Festival celebrado na zona do Miño. No mes de xullo regresaba unha nova edición do 17º Ribeira Sacra repartida con múltiples actividades en escollidos lugares de interese patrimonial, paisaxístico ou vitivinícola. Eventos abertos nalgún caso, e de pago noutros, deixaron bo sabor de boca con bocados de música en directo, bailes e gastronomía en dúas fins de semana entre as provincias de Lugo e de Ourense. O festival tranquilo trouxo desta volta a visitantes sobre todo da comunidade galega que se deixaron envolver polo territorio, máis aló do nutrinte cartel do festival. Quedámonos con grandes momentos en Santiorxo, nas adegas Regina Viarum e Algueira a carón do Sil, nas localizacións chantadinas da adega Vía Romana e a praza do Cantón e na gran noite no contorno do Parador de Monforte de Lemos. 

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra