A Ribeira Sacra no escaparate mundial do turismo: Fitur 2020

Ribeira Sacra
28 Xaneiro 2020
Turismo
Redacción | 28 de enero 2020
A Ribeira Sacra estivo presente dun xeito máis intenso este ano en FITUR. A Feira Internacional de Turismo de Madrid serviu para reforzar a candidatura deste territorio ante a UNESCO de cara a ser declarado Patrimonio da Humanidade en 2021. O stand conxunto de Galicia no encontro mundial do sector turístico foi o albergue e escaparate dun acto específico dedicado á Ribeira Sacra e no que participaron autoridades do ámbito local, rexional e nacional, así como axentes vencellados ao negocio de viaxar. Agora tanto o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra como a Xunta quedan pendentes dos últimos chanzos deste percorrido, que inclúen as visitas dos supervisores da Unesco.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra