A Ribeira Sacra, Premio Galicia de Turismo pola Promoción da candidatura a Patrimonio Mundial

Ribeira Sacra
4 Decembro 2019
Turismo
Redacción | 4 de decembro de 2019
O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia concedéronlle á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial un dos Premios Galicia de Turismo na categoría de Promoción. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra  foi unha das entidades recoñecidas nesta gala que se celebrou o 3 de decembro no Teatro Rosalía, na Coruña. O presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián, e o vicepresidente, César Parente, foron os encargados de recoller o Ara Solis que representa un recoñecemento ao traballo do conxunto do territorio de cara a ser nomeado no 2021 Patrimonio Mundial da Unesco por configurar unha paisaxe cultural única. Nesta gala entregáronse un total de 9 premios a distintas persoas, colectivos e iniciativas relacionadas co sector turístico na nosa comunidade.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra