Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 9 de agosto de 2019
A Carreira de Burros de Escairón é unha das citas populares máis singulares e mediáticas da Ribeira Sacra e a súa orixe está documentada alomenos dende os anos 50 do pasado século. Hoxe en día os competidores/as, os animais e o público acoden de xeito masivo o martes das festas de Escairón e proceden de diversos puntos da comunidade e incluso de terras veciñas como Asturias. Antes era cousa dos/das do pobo e das parroquias, pero nas últimas décadas o campo da Lama tense convertido nun concorrido e divertido hipódromo. As máis afeccionadas acoden ataviadas coas mellores pamelas e sombreiros ao xeito da cita británica de Ascot- chámanlle o 'Asnot' do Saviñao- e a mañá transcorre entre caídas, carreiras e moitas fotografías. Na edición 2019 o vencedor absoluto foi o xinete Anibal ao lombo de Rocky.
Concello