A vaca carroceira. imaxe do cartel do Folión 2019

Chantada
5 Xuño 2019
Cultura
Redacción | 5 de xuño de 2019
Arranca o Folión 2019 e faino coa súa imaxe de presentación da próxima edición. Nerea Rodríguez, alumna do IES Val do Asma, é a autora do cartel que anuncia a Festa Galega de Interese Turístico xa incluída como un dos motivos da declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra. A asociación Amigos do Folión traballa pola implicación de todos os sectores da sociedade nesta manifestación etnográfica, cultural e festiva que identifica a Chantada e que rende homenaxe á súa historia, ás súas historias e ao seu pasado. Na procura de que sexa un evento cada vez máis participativo e que se teña presente ao logo de todo o ano convocaron un concurso entre os institutos de secundaria de Chantada. Esta semana premiaron aos participantes e ás participantes, descubriron o cartel gañador, o da vaca carroceira, e abriron unha mostra coas 46 obras presentadas ao certame. Calquera delas podería ter sido a elixida. 

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis