A veciñanza móvese: Un paseo polas telleiras de Pantón

Pantón
30 Abril 2019
Social
Lorena Gallardo | 30 de abril de 2019
A dinamización social e cultural que parte da propia comunidade local é chave para o desenvolvemento do territorio. O mellor patrimonio da Ribeira Sacra, sen querer caer nos tópicos, son as súas xentes e grazas a elas descubrimos o noso contorno. Segredos de Pantón é un colectivo que remexe nas historias menos coñecidas e menos divulgadas e no patrimonio máis esquecido para poñelo en valor e crear comunidade, auto estima e alternativas aos recursos convencionais. Acompañamos a Lucas Vázquez, impulsor desta iniciativa, polas abandonadas telleiras de Pantón. A súa presenza fala da arquitectura industrial e cando se xunta a mocidade, as gañas, as materias primas, o coñecemento e as tecnoloxías temos máis datos sobre a nosa historia.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis