A XV Cata dos Viños da Ribeira Sacra deixa 8 premios para a última colleita

Pantón
5 Xullo 2019
Viño
Redacción | 5 de xullo de 2019
O sector vitivinícola recolleu hoxe os premios da última colleita en Pantón. A Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra valora cada ano e dende hai 25 os propios viños coa ollada dos expertos de dentro e fóra do territorio nunha cata cega á que se presentaron un total de 67 viños. Falamos con catadores e adegueiros.

Un panel integrado por 11 catadores celebrou a XXV edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra.  Dos 67 viños presentados concedéronse 8 premios.
Na categoría de tintos presentáronse 32 mostras e os premiados foron:
Primeiro premio: Cruceiro da adega Ramón Marcos Fernández
Segundo premio: Abadía da Cova de Adegas Moure
Terceiro premio: Casa Moreiras Selección de Casa Moreiras S.L.

Na categoría de brancos presentáronse 17 viños e os premiados foron:
Primeiro premio: Abadía da Cova, Adegas Moure
Segundo premio: As Glorias, Adegas Amedo
Terceiro premio: Viña Vella de SAT Virxe dos Remedios

Na categoría Viños doutras Anadas presentáronse 18 viños polo que se establecen dúas Medallas que recaeron en: Capador, viño tinto summum barrica 2017 da adega Manuela Valdés Pérez e Sollío, Mencía barrica 2017 da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis