Accesible na rede a memoria técnica do xacemento dos Conventos

A Pobra do Brollón
3 Febreiro 2021
Patrimonio
Redacción | 3 de febreiro de 2021
Sacar á luz historia e coñecemento é fundamental, pero achegalo ao público éo tanto ou máis. Nestes días, dende a A Pobra do Brollón, dan conta do desenterrado. Amosan, nun novo formato, o traballo feito e lanzan unha campaña informativa nas redes ao mesmo tempo que o acceso aberto á memoria técnica do proxecto arqueolóxico dos Conventos.
Arqueoloxía en comunidade e para a comunidade é a filosofía das accións de Adegas da Memoria. Un equipo multidisciplinar arredor dun xacemento que pretende explicar quen somos dende a prehistoria, e quizais as orixes do que hoxe chamamos Ribeira Sacra é o motor dun proxecto que vai máis aló das bases técnicas e científicas. Investigar, dende a especialización en distintas áreas, para entender e para divulgar e implicar á sociedade en xeral e á veciñanza máis próxima nas súas propias raíces. Sacar á luz historia e coñecemento é fundamental, pero achegalo ao público éo tanto ou máis. Nestes días, dende a A Pobra do Brollón, dan conta do desenterrado. Amosan, nun novo formato, o traballo feito e lanzan unha campaña informativa  nas redes ao tempo que o acceso a través da rede á memoria técnica do recente proxecto arqueolóxico dos Conventos, na parroquia de Vilachá de Salvadur.
O plan, dirixido polo arqueólogo Xurxo Ayán, desenvolveu dúas campañas de escavacións que deron con varias chaves para abrir portas do pasado deste enclave. Ancestrais poboadores das ribeiras, explotacións agrarias vencelladas aos mosteiros e formas de vida que definen identidades dun territorio complexo.
Nesta ligazón, a disposición de todas e todos fica o documento conclusivo destes traballos; é o sentido e o resultado de "remexer" coidadosamente baixo os pés tras rozar a maleza que medra sobre o patrimonio.


https://adegasdamemoria.com/wp-content/uploads/2021/01/Memoria-Tecnica-OsConventos-CT102A-2020_526-0.pdf

Concello