'Agora sí, mereces un respiro', slogan da Ribeira Sacra en Fitur 2021

Ribeira Sacra
21 Maio 2021
Turismo
Redacción | 21 de maio de 2021
‘Agora si, mereces un respiro’ foi a presentación organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra nesta edición primaveral de FITUR.  Nela participaron, ademáis de Luis Fernández Guitián , pdte desta entidade os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Falaron deste territorio como un “dos rostros máis recoñecibles e de Galicia” que aspira a converterse Patrimonio Mundial e do seu "alto valor paisaxístico, cultural e etnográfico”.
‘Agora si, mereces un respiro’ foi o título da presentación do  Consorcio de Turismo Ribeira Sacra no marco da celebración de Fitur 2021. Ademáis do presidente, Luis F. Guitián, participaron os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Medio Ambiente, Territorio e V ivenda,Ángeles  Vázquez,   acompañados  pola   directora   de   Turismo   de   Galicia,   Nava Castro.

Nesta intervención aproveitaron para poñer en valor esta paisaxe á que coincidiron en situar como un referente do patrimonio e  a natureza. Así, o titular de Cultura, lembrou que a Ribeira Sacra “é un dos rostros máis recoñecibles e admirables de Galicia que destaca pola súa capacidade paraconservar os seus valores excepcionais ao longo de máis de 1.500 anos de historia”. “Trátase dun espazo único que a ninguén lle sorprende que aspire a converterse en Patrimonio da Humanidade pola Unesco”, engadiu. Román Rodríguez, que engadiu que a Ribeira Sacra é “un exemplo de planificación e xestión que conta co firme apoio da Xunta de Galicia para a conservación do seu patrimonio cultural e artístico”. Un compromiso que se reflectiría nos preto de 5M€ investidos no arranxo das igrexas e mosteiros da zona.

Resaltaron, por outra banda a protección paisaxística, co obxectivo de blindar os valores que a fan única” e polos que se agarda sexa declarada  Reserva da Biosfera de Galicia e exemplo para o turismo sostible. 

A conselleira do Medio Ambiente referiusa que esta sería a sétima Reserva da Biosfera de Galicia xunto coas Serras do Oribio e do Courel. Un territorio que aglutina a 23 concellos de Lugo e Ourense, unidos por un alto valor paisaxístico,cultural e etnográfico e que ofrece ao visitante experiencias turísticas únicas para gozar dunha zona que, entre outras singularidades, é o máximo expoñente da chamada “viticultura heroica”. Por todos os valores que atesoura, a conselleira considerou que este espazo natural é un firme candidato a lograr a tripla coroa por parte da Unesco. Así, referiuse á proclamación hai dous anos do Xeoparque Montañas do Courel, o primeiro e único espazo galego con esta distinción, e avanzou que despois do verán se dará a coñecer o ditame definitivo sobre a candidatura da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra. 

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a aposta da Xunta pola calidade e a sustentabilidade do modelo de turismo galego, que cobran unha especial importancia en territorios como o da Ribeira Sacra,    un dos beneficiarios dos dous Plans de Sustentabilidade aprobados polo Estado o ano pasado, xunto co de Santiago de Compostela. Este plan supón un investimento por   parte   da   Xunta   de   850.000   euros   co   obxectivo   de   posibilitar   o desenvolvemento turístico planificado, de calidade e sustentable, que implique á poboación e ao territorio na creación de novos produtos.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra