Airas Moniz, o proxecto sustentable que sabe a queixo e emocións

Chantada
28 Xaneiro 2019
Sector Primario
Redacción | 28 de xaneiro de 2019
Airas Moniz é o nome dun trovador medieval das terras do Asma, pero tamén o dun proxecto agroalimentario que sabe a queixo e que está feito de paixón pola terra. Cos cimentos no pasado e a mente no futuro e na economía sustentable o nome de Airas Moniz relaciónase xa coa mellor gastronomía galega e os produtos gourmet e acumula xa varios premios no eido estatal e internacional. Representa un exemplo exitoso dun cambio no modelo produtivo no sector primario cara o que cómpre ollar.
Todo parte da decisión de dúas familias de Chantada que reconverteron unha destacada gandería intensiva de leite, no lugar de Outeiro, nunha explotación máis respectuosa co medio, con vacas máis “felices” e co poder creativo e transformador da materia prima. Os mofos e as levaduras fan o seu traballo e o demais está nas mans dos pastos, das vacas jersey e sobre todo nas de de Ana Vázquez, Suso Mazaira, Ricardo Gómez. Distintas variedades e unha elaboración netamente artesanal para distintos queixos cun denominador común: a singularidade.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis