Álvaro Planchuelo: un home 'viaxado' fronte ao Cabo do Mundo

Saviñao
23 Maio 2019
Turismo
Redacción | 23 de maio de 2019
Cando nos decatamos de que este madrileño de nacemento e cidadán do mundo por dereito e por convicción se achegaba por primeira vez ao noso territorio, abordámolo sen dubidalo. Planchuelo é un coñecido e recoñecido arquitecto, referente tamén no mundo do turismo e das viaxes con contido e cooperativista impulsor de campamentos solidarios. Como creador de proxectos de desenvolvemento local e turístico en diversas áreas do mundo, interesounos a súa ollada experimentada por un lado, e virxe por outro, na Ribeira Sacra. Acompañámolo nunha parte do seu traxecto e redescubrimos con el unha vez máis a vista sobre O Cabo do Mundo
Concello