'Amigos de Manuel Jorge' anuncia na homenaxe ao pintor a creación dun centro de arte contemporánea

Chantada
9 Setembro 2021
Cultura
Redacción | 9  setembro de 2021
Música, audiovisual e pintura renderon homenaxe ao artista nun acto ateigado de público no que a Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada anunciou a creación dun museo e centro de arte contemporánea nesta vila. A casa que albergará o gran legado pictórico do artista finado en Xábia será concibida coma un acubillo para as distintas inquedanzas artísticas na Ribeira Sacra, tal e como soñou o pintor e arquitecto. Unha parte desta obra estivo exposta este mes tamén no auditorio de Chantada nunha mostra comisariada pola profesora Lola López baixo o título 'Manuel Jorge. Seis décadas de retratos'
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis