Ana Vila, a gandeira poeta a tempo completo

Taboada
2 Xullo 2019
Sector Primario
Redacción | 2 de xullo de 2019
O outro día fomos coas vacas. Acompañamos a Ana Vila nun día calquera da súa vida. Coñecemos un pouco mellor a unha desas mulleres labregas que manteñen vivas as corredoiras e os prados dun rural en grave situación de despoboamento, das que deciden quedarse, polo motivo que sexa... Das que deciden que non cambiarían por nada a súa vida na aldea, aínda que sí cambiarían moitas cousas que mudarían a vida na aldea. A labrega poeta, a labrega que escribe e que soña na súa ocupación de nai, no seu quefacer doméstico e laboral e na súa tarefa de coidadora mentres torna das vacas que seguen a ser o sustento familiar nun mundo de vertixinosos cambios. Libreta ou fouce en man, querendo ou sen querer, Ana Vila reivindícase e reivindica ás mulleres e aos homes do agro e unha vida digna con servizos para o rural  tamén 'full time'.

Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis