Analizando a paisaxe , patrimonio e futuro do Camiño de Inverno, en Chantada

Chantada
2 Marzo 2020
Patrimonio
Redacción | 2 de marzo de 2020
O Camiño de Inverno e a súa paisaxe son o tema que ocupa esta semana en Chantada a expertos en diversas materias que analizan a realidade e as posibilidades desta ruta de peregrinación. Trátase da segunda sesión dun workshop internacional que se centra desta volta no tramo de Monforte a Chantada e que está coordinado dende a Fundación Juana de Vega. A finalidade é analizar dende o punto de vista patrimonial as mellores intervencións para o seu desenvolvemento dende un punto de vista multidisciplinar.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis