Anna Champeney, a tecelá da beleza na Ribeira Sacra

A Teixeira
19 Xullo 2019
Desenvolvemento
Lorena Gallardo | 19 de xullo de 2019
As prendas e tecidos do tear de Anna Champeney son "coma un bico". Dende un pequeno recuncho da Ribeira Sacra saen pezas textís naturais, únicas, exclusivas e de alto deseño que espallan polo mundo o tacto, as cores e a natureza do territorio. A paisaxe entra a través da fiestra do seu estudo téxtil na Teixeira e remata nos seus tecidos. A deseñadora británica chegou de vacacións hai dúas décadas e tivo que quedarse. Dende o seu obradoiro une deseño contemporáneo e técnicas tradicionais da zona, mestura artesanía e tecnoloxía e, o que é máis importante, transmite o proceso e o legado a estudantes que chegan a Cristosende dende calquera parte do planeta. As pezas de Anna Champeney Textil Studio nacen da beleza para facer á xente " feliz e guapa".
Concello