Anxo Trives, as cousas claras e a cociña ao punto. Innovación e tradición na #Ribeira Sacra.

A Pobra de Trives
31 Maio 2019
Economía
Lorena Gallardo | 31 de maio de 2019
Fala claro, sente o que di, cociña de escándalo e valora as oportunidades do territorio. Anxo Trives é un dos cociñeiros de moda na Ribeira Sacra e en Galicia e integra o grupo Cociña Ourense xunto a outra ducia. Afirma con rotundidade que "o rural engancha" cando decides quedarte, e coa súa xuventude e vitalidade encara algo nada doado como é o relevo xeracional dun negocio familiar: o coñecido Hostal Restaurante La Viuda. Este chef defínense como un privilexiado, aposta pola calidade do produto de proximidade e confía no futuro dos pequenos produtores e da economía local. Para el a Ribeira Sacra é unha marca e, entre fogóns, durante o servizo diario do seu restaurante na Pobra de Trives, ten claro que hai que innovar " sen perder o norte"; o seu está... no interior de Galicia.

Concello