Arranca a 46ª Subida a Chantada

Chantada
9 Agosto 2019
Deporte
Redacción | 9 de agosto de 2019
 Arranca unha nova edición da Subida a Chantada. Os e as amantes do motor non faltarán a esta cita automobilística que volve estar no Campionato de España de Montaña. Trátase dunha das competicións históricas nesta modalidade, única en Galicia e no Estado pola paisaxe que a enmarca, e única para a dinamización social e económica deste recuncho da #RibeiraSacra. Son 46 anos de traballo por parte da Escudería Chantada coa colaboración de varias administracións e da vila e arredores, así como a man de moitos voluntarios e voluntarias que a fan posible. Pilotos chegados de toda España e gran participación local nunha fin de semana 'de agárrate' en Chantada.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis