Arranca a vendima e os vellos cestos son testemuñas illadas da tradición

Ribeira Sacra
1 Outubro 2018
Sector Primario
Redacción |11 de outubro 2018

Unha vendima familiar ás beiras do Miño reúne a tres xeracións de viticultores chantadinos ao comezo da campaña. O uso dos cestos da ribeira convive co transporte moderno nunha fotografía de tradición e modernidade; de pasado e de futuro 

A vendima na Ribeira Sacra comezaba oficialmente o 25 de setembro. A campaña prolongarase deica mediados de outubro e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra  apunta que antes da ponte festiva de outubro acadáronse preto dos millóns de quilos de uva.

Este ano elaboran viño baixo o amparo da Denominación un total de 94 adegas. Ao mesmo tempo, as vendimas das adegas profesionais conviven coas de centos de viticultores e viticultoras que recollen o froito para o autoconsumo ou para a venda directa aos propio sector transformador. Para comezar a campaña, dende a Canle Ribeira Sacra, puxemos o cesto ao lombo e parámonos nunha vendima familiar que en pouco tempo amosa os conceptos de viticultura heroica, transmisión xeracional e apego á tradición. 

Esta é a pequena historia dun avó, un pai e un fillo adolescente que comparten paixón e traballo nas ribeiras do Miño. Fano subindo e baixando ‘escairos’  cos escasísimos vellos cestos de ribeira que resisten activos en  lugares como esta forte pendente da viña dos Petedos, ao pé da ponte de Portotide. Non falta a “molida” sobre a cabeza e as costas e tampouco as reflexións sobre o pasado e o futuro da viticultura.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra