Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 29 de xullo de 2021
O arranque do servizo autobús lanzadeira de Parada de Sil ao Mosteiro de Santa Cristina presentouse como un fito para o plan de mobilidade sostible na Ribeira Sacra. O servizo forma parte do eixo estratéxico Transporte Público Sostible do Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra 2020-2023 financiado nun 42,5% pola Secretaría de Estado de Turismo, nun 42,5% pola Axencia Turismo de Galicia e nun 15% polo Consorcio de Turismo. O obxectivo é protexer unha icona do patrimonio da Ribeira Sacra e mellorar a experiencia do visitante.
Concello